TODO O NECESARIO, MOI CERCA…

A Clínica Veterinaria de Guitiriz dispón de persoal especializado e con experiencia, e de equipamento actualizado para que  a tua mascota quede en boas mans.

Teléfono 982 37 06 77   Urxencias 679 166 187

OS NOSOS SERVICIOS

CONSULTAS E MEDICINA XERAL

Ofrecemos asesoramento e seguimento dos tratamentos preventivos necesarios para evitar que a súa mascota enferme. Levamos control informático personalizado do calendario de desparasitación, vacinacións, etc

 

CONSULTAS A DOMICILIO

Dado que estamos nunha zona rural na que o desplazamento de algunhas mascotas pode ser complicado, desplazámonos ó seu domicilio para consultas (concello de Guitiriz e próximos: Aranga, Irixoa, Friol, Begonte…). De ser necesario,  encargámonos do traslado da súa mascota á clínica para realizar probas e cirurxías, para unha mellor e máis completa atención.

MEDICINA INTERNA

Coordinamos tódolos medios materiais e humanos dispoñibles tanto propios como externos para completar o estudo das enfermidades e chegar a un diagnóstico que permita establecer o tratamento máis eficaz para cada mascota.

CIRURXÍAS XERAIS E ESPECIALIZADAS

  • Dispomos de quirófano equipado con anestesia inhalatoria, equipo de reanimación con oxixenoterapia e monitorización.
  • Realizamos cirurxías rutinarias tales como esterilizacións, toma de mostras para biopsias baixo anestesia, cirurxía cutánea, limpezas bucais… e tamén cirurxía especializada como a traumatolóxica, oncolóxica e de tecidos blandos.

ANALÍTICAS

Dispoñemos de LABORATORIO PROPIO, con  modernos medios  para a realización de

  • Análises hematolóxicos
  • Bioquímica sanguínea
  • Test serolóxicos de diagnóstico de enfermedades infecciosas
  • Análises Coprolóxicos
  • Citoloxías: sanguíneas e histolóxicas
  • Cultivos bacterianos e fúnxicos.
  • Antibiogramas
  • Análise de triquinose por dixestión enzimática segundo a lexislación vixente.

DIAGNÓSTICO POR IMAXE

Dispoñemos dos medios necesarios para o diagnóstico das enfermidades máis frecuentes nos nosos compañeiros:

Equipo radiográfico

  ( NOVO EQUIPO DIXITAL Raios X)

para  radiografías simples ou de contraste.

Ecografía e Ecocardiografía

realizadas por persoal especializado

TENDA ESPECIALIZADA

Alimentación personalizada para mascotas:  primeiras marcas e garantía de calidade

Pensos e alimento húmido, para cans, gatos, e outras especies

Dietas específicas

Complementos: colares, correas, comedeiros…